A comisaria de arte Olga Pastor quere apostar, dende Ourense, por mulleres artistas

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

 

Procedentes de calqueira lugar de Galicia se amorean, ano a ano, datos sobre talento fuxido con nome de persoas “sobradamente formadas”… pero tamén hai talentos retornados que apostan pola calidade de vida de lugares como Ourense, despois de facer parte da sua vida laboral en grandes cidades europeas…

E nesa situación, pouco visible como outros talentos retornados, atópase a comisaria de arte Olga Pastor, natural da provincia galega sen mar, que marchou despois de estudar Historia da Arte fai 12 anos, e voltou á sua cidade pola calidade de vida “sin comparación posible” e pola facilidade para viaxar dende ela até onde precise, “e esto compensa con creces, para miña familia, as vantaxes de vivir en Londres”, explicou.

Foi organizadora de eventos culturais, redactora de blogue propio e coordenadora da páxina de internet para Evoluziona, en Madrid, traballou nunha galería de arte en Roma, na galería londinense Tate (no equipo de eventos e de atención ó público)…compaxinando todo elo con traballos independientes como comisaria de arte e como redactora en publicacións especializadas e catálogos…

Aínda lle quedou tempo para crear, editar e distribuir tarxetas ilustradas baixo a marca “Tackycardia”… con elas puxo no mercado londinense dibuxos e textos orixinais con temática satírica e humor negro. E claro, Olga é plurilingüe no sentido literal da palabra: fala italiano, portugués e inglés, ademáis das suas linguas nativas.

Aposta pola trangresión fronte ó derrotismo local

Atopouse en Ourense con un ambiente “derrotista”, moitos artistas e “pouca promoción dende as institucións”, así que decidiu apostar por “liñas transgresoras” e vai atopando interlocutores e colectivos nese mesmo camiño…agora ve posible plasmar no seu traballo o seu posicionamento feminista, pois pensa que “fai lalla un esforzo conscente de paridade, e incluso de discriminación positiva nalgúns casos, porque para as mulleres todo é máis difícil, e non só no mundo do arte”, asegura.

A primeira exposición que xa proxeta para Ourense será en maio de 2019, no edificio cultural Marcos Valcárcel (antiguo Simeón), e será de obras do artista sirio Alí Alí que quere amosalos horrores da guerra na que mataron ós seus 11 irmaos e os pais. Tamén está comezando os contactos para comisariar mostras da obra de mulleres artistas, e para ir pechando círculos, dende que voltou a Ourense retomou o seu traballo ca editorial Bubok de autores independentes (antes Evoluziona de Madrid) na que coordina publicacións e servicios de Portugal.

Galegos en Londres…e outros

Na sua traxectoria como organizadora de eventos, están as intensas semanas vividas en Londres, cas actuacións de  Carlos Blanco  en 2013 nuna igrexa desacralizada que foi construida en uralita pola antiga mariña inglesa. A primeira actuación foi un éxito, según Pastor, e foi seguida doutras nunha lavandería exprés de galegos en Portobelo e no restaurante Boquería, donde se preparou un cocido galego para a ocasión. O actor galego recolleu todalas gravacións dese periplo nun DVD que comercializou até esgotalo, e voltou dous anos despois con Luis Dávila, e co espectácuo “Menú do día”, para actuar noutra igrexa, a The Round Chapel .

Desta segunda ocasión, Olga lembra que se orixinou un contexto “moi especial”, con venta de licor café, exposicións de autores galegos, como a das fotografías de Alberto Rodríguez Fariña, de Malpica….

A comisaria asentada agora en Ourense participou con artistas na colectiva internacional “Comida de guerra” do Museo de Arte Contemporánea de Burgos, na que se reuniron traballos que indagaban arredor da influencia das guerras, e outros conflictos violentos, na gastronomía dun país, con autores de Colombia, como Omar Casteñeda, ou relacionados ca terra aínda cotaminada de Chernobil.

Calqueira persoa que fale con Olga, atopará nela unha defensora de principios como o feminismo, paridade, visibilización e liberdade…  e abundantes argumentos arredor da profesión d@s comisari@s de arte, ou “curadores” na acepción máis anglosaxona. Considera que o seu traballo é fundamental como mediación entre artistas e institucións e como fío conductor para calqueira evento artístico pois “ó traballar mao a mao cos autores, coñecemos a sua obra e facemos que sexa moito máis sinxelo orixinar unha filosofía e dinamizar a loxística dunha exposición”.

 

 

 

 

Deixa unha resposta