Guiados turísticos + clases de fotografía, intensivos, en dous días 

En total 14-16 horas. En calquera lugar de Ourense, Galiza, Portugal. Traslados, aloxamento e comidas por conta dos participantes. Consultar para axustar

Guiados turísticos

Adaptados á curiosidade e necesidades temáticas… de persoas, grupos, colectivos… en calqueira lugar da provincia de Ourense, Galiza, Portugal…

Clases de fotografía en paquetes de 15 horas

En 5 sesións de 3 horas cada una, axustables, na cidade de Ourense e outros lugares próximos, totalmente prácticas, cámara en man. Tamén cursos específicos, máis breves, para fotografía con teléfono móvil

Difusión da historia, patrimonio material e inmaterial

Ca elaboración de contidos propios (textos e fotografías) para quen o precise, e para as Historias de @milhistorias.eu

Fotografías e textos especializados

Para soportes web de empresas e profesionais: notas de prensa, plan de difusión en medios de comunicación, plan de comunicación semestral ou anual

Cobertura de eventos

Fotografías de calidade, textos adaptados ó sector, atractivos e actuais, difusión e medios de comunicación