Las nuevas historias son recientes hilos del tejido económico y productivo, nuevas luces en el túnel crónico de las crisis, realidades que comienzan a brillar, sean o no empresariales, pero siempre siempre, emprendedoras

Petróglifo milenario marca o solsticio de inverno en Paderne

Esto vai dunha gran pedra escollida na Prehistoria (un 4000 anos antes de C.) pola súa orientación cara o Sol, nunha leira de Paderne . Lavráronlle liñas e coviñas que a trocaron en rocha cerimonial para o solsticio invernal, cando o astro diurno comeza a quecer a terra para facela productiva, en cada ciclo anual. E aí segue, nunha leira de Penelas, Paderne. É unha pedra de 7,5 metros de longo e 2 m. de ancho, que é barco, muralla ou castelo para os ollos de nenas e nenos. Agora redescuberta polos adultos que ven nela, de novo, algo especial. O mesmo debeulles pasar a habitantes da zona e camiñantes que poderían vela seguindo a Vía da Plata (Camiño de Santiago dende o Sul, por Portugal), a poucos metros

Sen comentarios