Corpo(a)terra… por deus non te vaias!!

 

                                                                                              Marta, Begoña e Paula (fotos: Rosa Veiga)

 

           En xullo as redes sociais deron a coñecelo cambio de programa que sufriría o X festival  Corpo(a)terra,                   que mestura dende o seu nacemento a formación (sección “Enxebre” con coreógrafos e bailaríns do                        mundo) cos espectáculos.

Celebrouse durante cinco días de agosto, en plena pandemia, despois de que as organizadoras Paula Quintas Santos, Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo Suárez, pasaran meses para convocar, reorganizar, axustar e contratar tres talleres formativos de danza, un espectáculo de drons con luces en primicia en Galicia, outro chamado “Technocracia” con persoas voluntarias de 18 a 99 anos e 7 coreografías, partilladas entre Ourense e Allariz.


Ese foi o formato reducido polas especiais condicións sanitarias impostas pola COVID: aprendices e profesores con mascarilla nos talleres, distancia entre persoas, público con mascarillas nas actuacións, todas ó ar libre, desinfección despois dos talleres…e así a danza voltou á súa cita anual na cidade de Ourense.


Pero o sobreesforzo a causa do virus, seica foi a última palla para enchelo feixe, e as tres organizadoras dixeron na presentación do evento o 24 de agosto deste inesquecible 2020, que é insostible unha cultura financiada por institucións “que nunca poñen por escrito a súa aportación, e por riba chega sempre cando xa está todo rematado, polo que os riscos quedan todos para a organización”.


“Só contamos con compromisos intermitentes, e no caso da Xunta, por fin faláronos de unha aportación bianual así que xa contaríamos con ela tamén para 2021, pero, como sempre, nada por escrito”, detallou Begoña, a planificadora do evento que sae adiante cun equipo xa profesionalizado de unha ducia de persoas.


Tanto ela, como Marta e Paula partillan as tarefas de dirección e producción durante todo o ano, combinadas cos seus proxectos como profesionais da danza.


Non é a primeira crise pero parece a máis decisiva: na quinta edición, o goberno local deixou “tirado” ó equipo organizador tras unhas eleccións municipais nas que cambiou o partido do alcalde de Ourense. Marte lembra que finalmente contaron ca financiación da deputación e do concello de Ourense, onde se formaron en danza. Pero “aquel ano foi todo moi difícil” e nunca conqueriron “nada por escrito, tras incontables conversas informais e con reaxustes nas contías, por parte de técnicos e responsables”.


“Sempre foi duro, pero parecía que en 2019 a continuidade se reafirmaba grazas ó compromiso bianual da Xunta, que decidiu apostar por Corpo(a)terra tamén para o Ano Xacobeo 2021, pero a pandemia e a falta de confirmación, unha vez máis, de financiación de tódalas institucións, pìllanos con anos de desgaste continuo”, engade.


Entenden, tal como explica Paula, que dez anos necesítanse para armar calqueira proxecto, con altibaixos, e este tivo ademáis 4 cambios de goberno. “Tiramos sempre cara adiante pero agora hai cansanzo e facémonos máis esixentes despois de construir algo que cuallou nos eidos estatal e internacional, pero non onde está o soporte económico firme, que é nas institucións de Galicia”.


“Poñemos eiquí o punto de inflexión”, concordan as responsables do evento. Non houbo reaccións e cadrou ca dimisión do concelleiro de Cultura de Ourense, “e agora pendentes do que pase para cubrir este ano, e dubidando si facer o seguinte”, lamenta Begoña que asegura que cada ano, e este de pandemia tamén, “os políticos no asinan nin un papel, todo é verbal”.

 

“Si hai un convenio bianual escrito, quedámonos” sentencia Begoña. E detalla a lóxica da súa esixencia”: precisamos saber con que diñeiro contamos porque facemos contrato a tódol@s artistas que nos compromete a pagarlles, tamén se o festival cae por unha COVID, así funciona o mundo pero os políticos non, fan todo de xeito verbal e se cae algún evento, ninguén cobra nada”.


Até agora, a financiación fíxose con formato de subvención ou compromisos verbais, ás veces feitos realidade por contías moi inferiores as faladas inicialmente e sempre, sempre, semanas ou meses despois de que remate o festival.


Tras esta décima edición, que podería sela última, Marta, Begoña e Paula céntranse nos seus proxetos profesionais. Os primeiros son inmediatos, neste mes de setembro en Santiago D.C. e Ourense.

E para 2021… incertidume, unha das poucas constantes da provincia galega sen mar, e virus incurable polo momento,  e tamén en expansión entre os profesionais locais da cultura… en tódolos eidos.

 

Dez anos de proxectos da asociaciónTraspediante, integrada no circuito da Rede “Acieloabierto”: dez edicións de Corpo(a)Terra en Ourense, en Galicia unha actividade artística e formativa continuada en espacios como a Aula Universitaria de Danza, o Espazo Xove, formación intensiva anual no concello de Santiago, colaboracións ca Xunta en campañas como “Na praia de danza” e outras en concellos como Pontevedra, A Estrada etc.

          Máis en facebook e instagram 

 

                                              Parte do equipo organizador de Corpo(a)Terra

Deixar un comentario