A viaxe no tempo do luthier Ismael

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Hai catro anos que Ismael Vaz chegou a Astariz (Castrelo de Miño) despois de mercar e reformar a casa que habita. Alí asentou no Barroco, tras un periplo profesional por tódalas épocas dende a Idade do Bronce e fai instrumentos musicais dos século XVII e XVIII.

Un corredor acristalado de cor lila cubre a fachada do seu espazo de traballo, a poucos metros da a igrexa parroquial, barroca, como a maior parte dos instrumentos que fai.

O eido rural é o seu favorito para vivir, e descubriu este pobo da comarca do Ribeiro tras asistir a ciclo de concertos “Pórtico do Paraíso” en Ourense, cando a súa residencia habitual estaba en terras lucenses.

Os estudos de Restauración déronlle acceso, nos primeiros anos profesionais en Pontevedra e Lugo, a tarefas de “escavación de urxencia” con varias empresas, en lugares como a basílica de Santa María de Pontevedra, na que aparecieron soterramentos medievais (hoxe torres arzobispais) , ou en fornos cerámicos de época romana en Lugo (primeiras centurias d. de C.).

Tamén estivo na limpeza de petróglifos descubertos en xacementos como os de Campolameiro, Poio e Pontecaldelas… e despois dese percorrido profesional polas diferentes edades antes e despois de C., Ismael escolleu asentarse nos séculos XVII e XVIII no eido musical.

Barroco e Renacemento en Astariz

No seu obradoiro traballa arredor de unha gran mesa , entre patróns de viola pendurados do teito, instrumentos en diferentes fases de elaboración, pequenas pezas que fai él mesmo e garda en caixóns, anacos de madeiras e ferramentas.

“Despois de rematalos estudos de Restauración, Arquímedes Artas, profesor de viola de gamba no conservatorio musical de Pontevedra, propúxome facer instrumentos barrocos para@s @s seus alumn@s, pois había moito interese nesa música, pero non instrumentos para tocala”, lembra.

Comezou facendo violas “de gamba”, e viviu o xurdir da “música antiga”, primeiro como “moda”, e agora como modalidade presente en ciclos musicais especializados, con creacións de autores como Monteverdi ou Bach.

“Antes interpretábanse as súas partituras con instrumentos actuais, pero comeza a entenderse que a música que escoitaban autores e público nos séculos XVII e XVIII era diferente, pois os instrumentos non eran como os actuais, e tiñan un timbre máis agradable”.

Ismael recibe encargos de instrumentos barrocos como violas e violíns de varios tipos, e explica que naquela época, a cultura musical “cambiaba de unhas cidades a outras, e os compositores eran moi personais, polo que a variedade de instrumentos para ese tipo de música é inabarcable”.

Por eso, según explica, para facer un instrumento non traballa con pezas prefabricadas industrialmente, nin estandarizadas, senon que as elabora él mesmo: clavixas, pontes, aros, soportes, caixas co oco en forma de epsilon… saen das súas maos… e para os mastros conta con axuda do seu irmao Santiago.

Un comeza a esculpir a voluta (no extremo do mastro, onde vai o clavixeiro) con forma de cabeza femenina, e o outro ponlle o remate a esa talla.

Pola súa mesa pasan madeiras tamén diferentes, dende pereira e pradairo, até caoba ou abeto, según a que peza estén destinadas. Así se entende que o cabo dun ano teña feitos, como promedio, tan so de 6 a 8 instrumentos.

Hai uns meses comezou a prantexarse novos retos, e mentres indagaba o xeito de abordar a música renacentista, chegoulle un encargo dende o pobo madrileño de El Escorial para facer unha viola para o conservatorio de música, baseada nos cadros de El Greco, precisamente desa época.

Na viaxe polos tempos musicais para traballar, Ismael mergúllase tamén no seu espazo vital, na procura da súa historia : nesta beira esquerda do río Miño, e en poucos kilómetros cadrados arredor da súa casa, están elementos destacados de diferentes épocas : o castro de santa Lucía no que se atopa o lagar de pedra máis antigo de Galicia, unha capela medieval adicada á santa, tamén no entorno do castro, a igresa parroquial (fronte o seu corredor acristalado) de época barroca, con retablos no seu interior do século XVIII e un lucernario que sobresae do tellado, que a caracterizan.

Di admirarse tamén dos seus veciños, e da memoria que gardan de contos da súa infancia, e neso anda a traballar agora, tamén, Ismael.

Cabeza femenina no extremo do mastro dunha viola (foto Rosa Veiga)

 

 

Deixa unha resposta