Christian ilustra a súa ansiedade

- 1 comentario

Christian ilustra a súa ansiedade

Christian, “con c-h”, Randolfe Amorín medrou escoitando decir que eso de “pintar” que fixo dende sempre era un “don” que levaba no sangue. Hoxe retrúcalles que en realidade, é o resultado de “tentar sempre comprender e probalo todo”, por si mesma.

“Comecei cos Pokemon da tele e sempre pensei que o normal era que a todo o mundo se lle dese ben facer colaxes e pintar como me pasaba a mín, até que descubrín que non”, engade.

Mentres estudaba Belas Artes, viviu con ansiedade continua o coma dun mes da súa avoa, que despois pasou 4 anos nunha cadeira de rodas e sen autonomía. O proceso da enfermidade e morte da avoa sumiuno nunha “deconstrución persoal”, na que tivo que descubrir que a frustración forma parte de el/ela/ele e que se sinte discriminada como artista e como activista de xénero neutro.

“Dende sempre, teño que soltalas cousas e ir solucionándoas según veñen” así que, farto de velo seu nome mal escrito, abriu redes sociais co nome de “christianconch” que pode lerse como “christian con c-h”. Tamén arranxou a súa “saída do armario” nunha rede, en twitter, cando estudaba 4º da ESO

A falla de tolerancia e respeto, o racismo e machismo institucionalizados, a violencia de xénero… son aspectos do mundo que quere cambiar e que lle orixinan máis frustración. O Traballo de Fin de Grao foi “Los roles de género no molan” co formato de “libro de artista” ou “libro ilustrado” de 60 páxinas.

Nel fixo visibles unha sarta de pensamentos/queixas dos 3 ou 4 anos da súa vida nos que “a identidade de xénero ocupaba moito espazo”, detalla.

Rostros como identidade

“Los roles de género no molan” saíu das súas preocupacións e tamén dos seus coñecementos: a importancia do rostro na historia da arte está moi ben representada por Duchamp e Andy Warhol, por exemplo, e “supón a presentación de cadaquén co xénero socialmente establecido como home, muller ou outros”… e a partires de aí, hai dibuxos, colaxes que rachan tópicos e frases en diversas linguas, ca titoría de José Chavete.

No mestrado de “Libro ilustrado e imaxe audiovisual” deulle unha volta ó seu traballo anterior e para o TFM trocouno no libro “PeNsar” ca súa titora Belén G. Freijeiro (directora de arte na editorial OQO). Foi un proceso duro que comezou centrado nas ilustracións, con bocetos de todas, e cando tiña 100 páxinas escritas e moitísima ansiedade, tivo que afrontar unha redución de páxinas e a procura dun final..

“Belén quixo axudarme a construilo final e deumeo libro El árbol Rojo de Shaun Tan, e tiven claras referencias cara a esperanza, cara o que hai que buscar”. Os vinte minutos de exposición deste TFM, en xullo de 2020, foron “o peche dunha etapa” na vida de Christian

Admite como referente seu dende os 18 anos a Ricado Cavolo por ser “coñecedor das desigualdades” e “ilustrador das periferias”, con dibuxos “naif” e moi coloristas. Cavolo ten como “marca” un ollo dentro dun corazón que arde na que xunta racionalidade, sinceridade e paixón, e Christian leva o dibuxo tatuado no seu corpo.

Tamén se refire a Paula Bonet como ilustradora “moi versátil e diferente” e a Conrad Roset como un tereceiro referente, todos eles instalados en Barcelona, onde Christian soña vivir dende que tiña 5 anos.

E agora que…

Aí o espera o mundo laboral, no que quere “facer crecer” a súa marca.

Probou ca organización de eventos en Pontevedra ( a primeira edición de “drink¬draws”) hai uns anos e todo tipo de concursos e exposicións de ámbito local e estatal, tamén nas redes sociais dende o comezo da pandemia.

Ademási rematou un encargo do que saiu o seu primeiro libro de banda deseñada, ca temática da violencia de xénero, o libro “PeNsar” foi editado en 2020 en Bubok e a tenda Quenlla en Santiago de Compostela ten á venda láminas de diferentes formatos, parcapáxinas e pegatinas con ilustracións de Christian, que segue a combinar traballo e estudos, mentres asiste a clase de “marketing”

Podedes atopalo en facebook e instagram

Razón, sinceridade e paixón como Ricardo Cavolo ©Milhistorias 2020
“PeNsar” editado por Bubok ©Milhistorias 2020

Una respuesta

  1. christianconch
    | Responder

    Encantade por compartir o meu tempo e as miñas historias contigo Rosa, grazas por unha entrevista e un ambiente increíbles!

Deixar un comentario