Diego Rodríguez traballa e reside en Xinzo de Limia (Ourense), e alí comezou hai 8 anos a coñecer unha parte da súa historia familiar transcurrida en Trandeiras, arredor da forxa de Enrique, tío da súa nai.
“A miña nai falábame do seu tío ferreiro, que tiña unha forxa con un gran fol no que os pequenos do pobo pasaban moi bos ratos axudando a avivar o lume”… e recrear a infancia daquela rapazada de primos e amigos, levou a Diego a imaxinar, 70 anos despois, algo semellante para @s nen@s da Limia e a contorna.
Con eses antecedentes familiares, Diego descubriu que tamén ten mao para traballar metais e comezou a facelo nunha forxa eléctrica en Xinzo, na que preparou cabeceiros e mobiliario para a casa materna.
“Foi medrando en mín a idea de facer ese traballo na casa familiar de Trandeiras, que quedou baleira, e comecei a formarme en cursos de ferreiro, fora do meu horario laboral como bombeiro”. Así coñeceu ó ferreiro da Saceda (Cualedro), Franciso Sueiro Suárez e á súa dona Sara Docampo, nun curso oranizado por Monteval en 2019.
A forxa tradicional de Francisco na Saceda, inspirou a Diego para a que instalou hai un ano en Trandeiras e os traballos de outros ferreiros como o de Esgos, Riotorto, A Fonsagrada ou Taramundi, foronlle abrindo o “libro dos segredos” do oficio.
“Miña teima é aprender a templar o metal para facer coitelos, fouciños, barandas e o que se poña por diante, e para eso escoito moito e acendo a forxa sempre que podo para poñer en práctica o que aprendo” e o conta ó tempo que o fai: cada semana traballa con ferramentas, pezas de tractor ou de camión, parafusos ferroviarios etc, para quentalos, mazalos na bigornia e darlles forma e fío.
Quere “aprender para transmitir”
Co soniquete do mazo no ferro, Diego conta que vai crear unha asociación cultural para dar forma ó seu proxecto inicial de aprender e transmitir o oficio, facelo visible para nov@s e vell@s, e dar, así, un atractivo máis ó pobo de Trandeiras, donde o mosteiro do Bon Xesús campa abandonado e acolledor para numerosas visitas.
O pé do mosteiro, moi preto da vivenda trocada en forxa, Trandeiras ten casas tradicionais con esgrafiados, outras con triple porta na entrada principal, un campanario sen campá, un peto de ánimas…
O papeleo para a asociación cultural está en marcha e algúns grupos de nen@s xa gozaron da actividade cando as normas diante da pandemia o permitiron, como os do colectivo Limisi
“Esta forxa será un lugar de traballo para que outros poidan ver como se fai, porque eu non puiden ter esto cerca cando era pequeno”, asegura Diego.
Mentres a asociación se pon en marcha, podemos ver parte do que aprende e fai na forxa a través das súas publicacións en Instagram … pero mellor en persoa claro!
Lo conozco. Solo puedo decir que merece la pena desconectar del ruido, asfalto, móviles, ordenadores, etc. Y valorar este trabajo, y a su gente.
Este ferreiro volta a Trandeiras, pero é unha persoa “conectada”. Para o resto de nós, visitalo e aprender con el pode ser unha boa oportunidade para saber doutras “conexións”. Diego parece demostrar que os vellos oficios tamén son posibles hoxe…grazas Marisol!
Certamente Marisol, é un traballo real que conecta con outra realidade… moi diferente á cotiá… pero coitelos, barandillas e cousas fermosas de ferro están na vida de tod@s
Qué fermosa historia. E que ben contada
O mellor de todo pode ser que é unha historia viva diante dos nosos ollos
Grazas Pepa da Lonia!!