As matemáticas… para facer guitarras, según o luthier Jesús Rodríguez

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Despois dunha vida de estudos “de letras”, como Ciencias da Información ou fotografía, todo o aprendido por Jesús Rodríguez Cid pasou á sua vida laboral, arredor do diseño gráfico e maquetación. Pero esa viaxe levouno a descubrir que as matemáticas son fundamentais para comprendela orixe dos sons dunha guitarra e da creación musical.

Estivo dende pequeno no País Vasco onde estudou na universidade pública de Leijoa (Biscaia) e traballou nunha imprenta dirixida por profesores. Quixo melloralos coñecementos de fotografía ó voltar con 28 anos a Ourense, na Escola de Arte e Superior de Diseño, Antón Faílde (EASD), pero tivo que comezar a traballar e fíxoo nunha imprenta dunha zona industrial, e despois nunha propia, que durou pouco tempo.

“Antes de cumplir 40 anos quixen aprender a tocala guitarra así que comecei un proceso lento, con pouco tempo dispoñible, pero cando tiven que facerlle a primeira reparación, tentei facela eu mesmo…e aí comezou, no taller da miña casa, o meu paso por diferentes ferramentas e por coñecementos de música que me levaron a redescubrir as matemáticas”, resume o luthier.

De matemáticas e mástiles

Rodríguez tivo que cambialo mástil da sua guitarra porque algún dos trastes perdera o seu son, así que buscou en internet pezas soltas para completar o que precisaba.

“Nese momento descubrín o pracer de facelo eu mesmo e o natural que parece ser para mín esto, que me saía de xeito natural e sen esforzo, así que pasei a ensamblar pezas de unha guitarra completa”, describe para explicar unha evolución persoal rápida como luthier, aínda que a habilidade como músico segue a desenvolverse lentamente.

Estudou, probou madeiras, combinacións de materiais, tipos de mástiles e trastes, experimentou ca serra, a caladora, varias trenchas e formóns, garlopas… tomou modelos clásicos de guitarras eléctricas como a Fender Stratocaster ou a Gibson Les Paul… colleu regla e cartabón… e atopou os mellores resultados cas fórmulas matemáticas que vencellan tamaño de mástil, separación entre trastes e semitonos. Si engadimos o compoñente electrónico… temos un abano máis amplo de sons.

O fundamental…as madeiras. E o taller de Jesús comezou a reunir cachos de “fresno del pantano”, arce, “palo rosa”, ébano, sapelli…cada unha co seu timbre musical peculiar que varía dende o comezo até o final da construcción dunha guitarra-

Laboratorio musical…en concertos e escolas

E a proba final: duas guitarras, das que unha ten corpo e mástil dunha soa peza…cedidas ó grupo ourensán Acid Project .

“Estou moi agradecido a este grupo e a Pablo Feijóo Otero porque durante 4 meses probaron as miñas primeiras guitarras, e logo trouxéronas de volta con ideas para melloralas, e non hai laboratorio mellor”, engade o luthier con taller no municipio de Toén. E dende aquela chegáronlle peticións de reparacións, de postas a punto e un encargo dunha guitarra acústica moi especial, de caixa oca e co tamaño xusto para entrar nunha mochila de viaxe para non ter que facturala nun avión.

Nos tres anos de actividade até o momento, do taller saíu tamén unha Telecaster, que Rodríguez enviou a Ibai García, do grupo Lomoken Hoboken de Barakaldo. “Esa guitarra nunca voltou porque despois de probala, Ibai mercouma”… e agora sigue de concerto en concerto co grupo, como os que cada setembro dan na sala Auriense da cidade das Burgas, e no bar Peso, en San Pedro de Moreiras (Toén).

Guitarras e pezas construidas por Rodríguez, pasaron ademáis pola  Casa de la Música, de Fernando Calvo  donde estiveron expostas en 2016.

A actividade artesá segue…con encargos de novas guitarras…e todas elas pasan pola cabina de barnizado, onde partillan espazo con bombos e calqueira outro instrumento musical que chegue as maos do luthier.

** Esta Historia foi editada

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta