Xosé Lois Gómez busca na cidade de Ourense ás familias de 43 fusilados

  • Comentarios da entrada:3 comentarios

As vontades adicadas a recuperar, reconstruir e facer visible a memoria histórica vencellada a represión franquista, lonxe de desaparecer, parecen multiplicarse, e a elas se suma agora a do historiador y profesor interino da materia, Xosé Lois Gómez García.

“Meu pai fíxome manter na infanza a conciencia do que ía pasando na cidade con moitos veciños”, lembrou para Milhistorias. Mentres camiñaban polo casco vello ou pola rúa do Paseo, Xosé Lois escoitaba a cotío as pingas de información que o pai lle daba sobre aquel que fora arrestado na casa, ou aqueloutro que era fillo, ou sobriño, ou irmá dun que fora fausilado. Tamén soubo de pequeno que o seu avó babeiro, instalado na rúa Santo Domingo, foi quen de enterarse de que ían na procura do seu irmao e  e avisar a familia da sua nai de que ían buscarlle á casa a un parente do avó, e antes de que o arrestasen na casa, levouno para Vilagarcía, onde quedou a salvo.

“Los Suaves” no Campo de Aragón

Só cando Gómez chegou ós 20 anos, coñeceu a resposta común a moitas das confidencias do seu pai. “Fun a un concerto que deron Los Suaves cerca do claustro de San Francisco,e nel, os rockeros máis internacionais da cidade de Ourense se referiron ó campo de Aragón, alí cerca, como o esceario de numerosos fusilamentos durante os primeiros anos do franquismo”. Nese momento, Xosé Lois decidiu que aquelo había que investigalo y dalo a coñecer.

E comezou a facelo visible en xaneiro de 2018, nun blogue persoal no que en cinco artigos, até o momento, xungue lembranzas personais con investigacións. Baseouse nos datos recollidos no Libro de Cemiterio custodiado no arquivo municipal da cidade e os do proxecto Nomes e Voces , para saber quen foron os fusilados no espazo que está pola parte exterior do valado do camposanto históricos de San Francisco. Ese espazo está agora ocupado, en parte, polos novos edificios da biblioteca e do arquivo municipais, pendentes de remate e inauguración.

Os datos que están no seu blogue fornan o traballo final do mestrado de de Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural que cursou na Universidade de Vigo, pero cando o entregue, comezará a desenvolver o resto do proxecto. “A partir dos datos do Padrón de 1935, comezarei a buscalas familias dos fusilados para completalos datos da sua vida, como o lugar onde estiveron agochados antes de ser arrestados e como vivían na cidade, algo que aínda non está estudado”, agregou.

Xosé Lois plantexa tamén, no seu blogue, a proposta de recoñecemento para estas víctimas do franquismo, consistente na colocación de elementos visibles que os lembren, ou nomear o espazo entre os novos edificios municipais, como “praza da II República”.

A poucos metros do que foi o campo de Aragón, pero dentro do camposanto de San Francisco, se conmemora cada ano a proclamación da Repúlica no 14 de abril de 1931, con un acto arredor do monumento erixido por suscripción popular, ca coordinación da Asociación de Amigos da República de Ourense. Cada ano se le o nome de máis dun cento de represaliados documentados nas fosas comúns do cemiterio ou procedentes do campode Aragón e do Cumial.

Homenaxe anual a asturianos e galegos

Un monolito recolle o nome de todos eles, de origxe galega e asturiana, e varias pezas de mármore branca fincadas no chan en forma de chave musical, lembran que “moitas familias quedaron marcadas até hoxe, e non recoñecidas como víctimas, despois de que lles arrebataran ós seus seres queridos”, según lembrou o presidente actual do colectivo, David Simón Lorda, no acto anual republicano. Gómez relatou a Milhistorias que dos recollidos no listado, uns 43 eran veciños da cidade, e neles se centra o seu estudo.

Como cada ano, un cento de asistentes conversaron e actualizaron a información sobre familiares e amigos, e a novedade do celebrado este domingo 15 de abril, foi a chegada de Dolores Taboada Blanco, que se presentou como filla e sobriña de dous fusilados, os irmaos Antonio e Rafael Taboada Nóvoa, incluidos no listado dos homenaxeados.

Os viente  minutos de conmemoración, contaron tamén ca lectura do poema “Paz para sempre” de Clauido Rodríguez Fer e remataron na Praza Maior da cidade cun “vermú republicano”.

O socio máis novo do colectivo organizador, Xurxo Doval de 18 anos, participou e explicou que decidiu implicarse porque cree “importante” que a xente máis nova manteña a lembranza do que supuso a proclamación da República o 14 de abril de 1931 e a sua desaparición ca guerra civil e anos posteriores de franquismo. “Agora hai unha pose antimonárquica por todas as polémicas que se xeneran na institución borbónica, pero máis alá deso, é necesario implicarse políticamente”.

Nas vésperas do acto do cemiterio, un día centrouse no papel das mulleres nas “guerrillas” e noutros xeitos da loita antifranquista con sendas ponencias de Aurora Marco e Carmen Blanco, e outro día celebrouse a cea de confraternización habitual dende que a asociación de Amigos da República, se fundio hai 20 anos.

Entrega de restos de Ramón Somoza Álvarez

Pola sua parte, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) anuncia no seu blogue que o vindeiro sábado 28 de abril fará entrega dos restos de dous represaliados ás suas familias, que foran exhumados en xullo de 2016 no municipio de Pobra do Brollón (Lugo).

Os restos son do sastre lucense José Rodríguez Silvosa, e do veciño de Ourense, Ramín Somoza Álvarez, que fora gandeiro e concelleiro de Monforte na Segunda República.

O acto de entrega será na casa da cultura de Pobra de Brollón, ás 12,30 horas.

 

 

 

Esta entrada ten 3 comentarios

  1. Xosé Lois Gómez García

    Ola, Rosa.
    Expliquieme mal. O barbeiro era o meu avó, Eduardo Gómez Froix, e un coñecido veu avisalo de que esa noite ían ir buscar ao seu irmán, Andrés. Entón eu avó foi por el e levouno a Vilagarcía.
    Un saúdo!

  2. Milhistorias

    Pois aclarado queda Xosé Lois Non podo imaxinar o que vai ser contar todo eso de cada ún dos que buscas!!!. E o que vai supoñer para cada familia que fale contigo e tente reconstruir, relembrar e revivir dalgún xeito todo aquilo!!. Grazas mil!!

  3. Isod

    Mágoa de país que non agradece de xeito “oficial” aos que deron a vida polos seus.

Deixa unha resposta