Parecen ducias pero son … El Octavo Historiador

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Por un lado… sete como “Los siete samurais” de Akira Kurosawa ou como a posterior versión occidental “Los siete magníficos” de Jhon Sturges….Eses sete son Roberto Rodríguez Velázquez “Rober”, Patricia Valle Abad, Xoel Díaz Alonso, María Ángeles Coello Fernández, David Calviño Freire, Marián Ferro Garrido e David Morenza Arias.

E na outra banda… o resto do mundo… ese “Octavo Historiador” ó que van dirixidas todalas iniciativas que son capaces de idear…e son moitas e visibles, en parte, na revista  de internet que leva o mesmo nome.

Hai una segunda versión, para eles máis evidente, arredor da orixe do nome, e  remata na película “Alien: el octavo pasajero” que arrasou nas taquillas en 1979… esa película da máis pistas sobre este grupiño de historiadores recalcitrantes pois.. … os sete son compañeiros nunha misión … a de divulgalos coñecementos de historia cas representacións que dela se fan no cine, na literatura, na banda desenada, en videoxogos, videoclips,  e calqueira outra expresión de cultura popular actual.

Todolos integrantes de El Octavo Historiador aceptan ser, básicamente, “algo friquis y algo académicos”, tal como os define David Calviño, pero tras escoitar todo o que fan e o que queren facer, resultan ser, ademáis, apaixoados activistas culturais, que queren que “o público descubra que se pode aprender historia en calqueira formato audiovisual”. E, polo momento, fano de xeito desinteresado…

Algúns exercen xa como profesores, outros preparan tese doctoral arredor da arqueoloxía de fortalezas medievais, ou de ferreiría do noroeste ou cemiterios romanos…ou traballan vencellados a autoedición…ou estudan a segunda carreira universitaria….

Olímpicos, científicos…divulgadores

Os primeiros do grupo comezaron os estudos universitarios en 2006 e, en varias quendas, foron organizándose a medida que se engadían “friquis”, así que acordaron facer cousas xuntos como elaborar un monográfico anual, e ofrecer divulgación….e xa levan unha morea de actividades.

Por exemplo: divulgación histórica cas xornadas “Cuando Mario conoció a Clío” colaborando ca  facultade de Historia do campus de Ourense, nas que o título xa apunta á fusión entre dous clásicos, como son a grega Clío, musa da Historia e da poesía épica, e Mario Bross, ese fontaneiro italoestadouidense do mundo do xogo virtual

Tamén impulsaron no campus de Ourense, o pasado maio, a primeira Olimpíada de Historia , novedosa no seu formato no eido universitario das Humanidades, participaron como ponentes na primeira edición das xornadas de divulgación científica das “Pint of Science” de Ourense, en maio de 2018… deron charlas en institutos da cidade, colaboran no canal de vídeos “Pero eso es otra historia”  del guionista Andoni Garrido  que fai un percorrido audiovisual pola Historia da Humanidade…e máis.

Até o momento conqueriron elaborar e imprimir o primeiro  monográfico co nome de Rakonto.. protagonizado polo histórico Alejandro Magno, acompañado por Iron Maiden e ilustracións especiais de autores colaboradores….

No recuncho virtual de El Octavo Historiador está tamén Astérix, unha canción tradicional sueca versioneada por grupos de música folc e “heavy metal”, o rei Juan I  “o rei pelele” de Inglaterra, a Terra Media de Tolkien…

Tampouco se libra do seu activismo divulgativo o videoclip “Apeshit” de Beyoncé e Jay-Z que, para o colectivo de Ourense, é una crítica social arredor de temas actuais e co telón de fondo das obras de arte expostas no museo Louvre de París…e si te animas a entrar nesa revista que rezuma coñecemento e diversión, atoparaste ca serie de maior éxito televisivo dos últimos meses, “The Handmaid´s” (“El cuento de la criada en España”), que rematou a segunda tempada hai unhas semanas.

E por suposto, están en redes sociais…e hai que buscalos polo seu nome, pero nunhas teñen o número 8 como ordinal, con letra ou en números romanos….até buscalos é unha diversión!!…e sempre os atopas…aí están…nos espazos virtuais…e tamén nos físicos vencellados ó coñecemento, como excavacións arqueolóxicas, biblioteca, facultade, librería de autoedición…

 

 

Deixa unha resposta