Mobles vellos e novas ideas comparten covil con Chus e Ana

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

No pobo de Untes, moi cerca da cidade de Ourense, os veciños viron aparecer, a carón da igrexa, unha folla de carballo de gran tamaño, tallada en madeira e coloreada, para marcar unha porta co nome de “O Covil”.

Todos saben que na casa traballan hai uns anos, Chus Lamas, filla dun veciño do pobo, e Ana Araujo. Ambalasduas sempre fixeron sitio no faiado para calqueira moble vello que lle levaran, ca promesa de darlle nova vida….e así o levan facendo anos…pero na casa foron ocurrindo cousas…. ós poucos… primeiro desapareceu o chan de terra, logo mellorou o aspecto das vigas da casa e apareceu limpo o pequeno patio que a separa do camposanto da igrexa…

Agora todo está listo para que “O Covil” pase de selo refuxio para prácticas laborais e toma de decisións de Chus e Ana, a sede da empresa que mantén o nome e abre portas ó mundo.

Chus estudiara informática e botaba unha mao ó pai no seu taller de carrocerías e ferros en Ourense… cando ó gato da casa lle deu por estragar totalmente a silla favorita da sua nai. “Arranxar aquel asento púsome hai seis anos no camiño da restauración de mobles, axudada ca pistola grapadora co meu pai tiña no taller”, lembra Chus. E logo Ana, a sua amiga de sempre. ofreceulle axuda cando proxectou restaurar todo un dormitorio de castiñeiro.

Para aquela ocupación, Chus adecentou mínimamente a vella e abandoada casa familiar de Untes, e alí levou unha gran cama, tres mesillas e un armario, e pechouse para arranxalos a conciencia. Despois de acomodarse no baixo da casa de Untes como nun covil, decidiu que aquelo era o seu… comezou cursos especializados e descubriu que na escola Antonio Failde de Ourense, podía formarse como ebanista artística.

A peza que Chus creou como traballo de fin de estudos exercicio práctico de deseño é hoxe unha mesa multicolor que sustenta as tazas para o café. Esa mesiña auxiliar decidiu a Chus e Ana a ampliar os traballos de restauración no seu taller, cos de modernización e/ou creación de novos mobles.

E nese momento foi Ana a que decidiu facelo cambio… en setembro de 2017 deixou o seu traballo “eventual” de auxiliar administrativa, exercido durante 17 anos, por estoutro. “Sempre souben que faría outra cousa, por eso o meu traballo sempre foi eventual….para mín”, confirma.

Esculturas, botóns…tod@s ó covil

Agora, dende a vella páxina web  que só levaba o nome de Chus, as dúas artesás explican que restauran e recuperan o aspecto orixinal de mobles, restauran para dar un acabado moderno… e inician outras liñas de traballo como a de botóns e pequenas xoias de madeira, restauración de “escabeles” (pequenos tallos para repousalos pés), ou a que ambalasdúas soñan “dende hai tempo”, que é a de voltar ós traballos de tapicería artesáns, utilizando “arpillera” e materiais máis tradicionais e difíciles de manipular. Non descartan “treboadas de ideas” para deseñar mobles desmontables…e para todos eles teñen xa clientes en varios establecementos do sector, na cidade.

Dende comezos de 2018, “O Covil” cambiou chan, encheu as redes sociais e o faiado, dun catálogo de mobles para que as persoas interesadas podan escoller cada peza e o resultado que queren para ela… e xurden os primeiros deseños propios de mobles… como unha mesiña de dúas pezas en madeira de faia… e outras que se irán sumando até saír á luz no vindeiro ano.

Chus comezou unha liña propia de esculturas en madeira….Ana  pensa en colaborar con artesáns da lá para tapicerías no mesmo material… e o covil vaise enchendo de vellos mobles e novas ideas.

__________________

Chus e Ana levan postas sendas paxariñas que se suman a que Diego luciu para as fotografías sobre o seu xornal dixital colaborativo Conoce Ourense

As paxariñas xa teñen nome: “Vilamba”…e esperamos podervos falar delas neste blogue ou en instagram….en breve

Deixa unha resposta