“Me gusta contar, pero tamén escoitar”… e así nace un fiadeiro virtual

Nos días da universidade entregáronlle como agasallo unha camisola ca palabra “Diegoogle” e así fixeron oficial que Diego Sánchez Calviño é un “friqui” da información, dos matices, do coñecemento no seu senso máis amplo e no detalle, todo a un tempo,… observador, lector e escoitador insaciable das historias do territorio no que se move, espacios, recunchos agochados, persoeiros do pasado, efemérides, eventos, actividades culturais…..Despois da camisola, veu un blogue.

“Cando xa o tiña ideado, me pareceu que non tiña tantas cousas que contar…me gusta contar, pero tamén escoitar ós demáis”….E a partires de aí, a idea do blogue trocou en xornal dixital colaborativo, o primeiro dese tipo fora do ámbito escolar galego, que saibamos, e que podería chamarse “pregúntalle a Diego”, pero que xa pode buscarse no mundo dos internautas como ConoceOurense 

Hai 2 semanas presentouse no mundo virtual cunha pequena entrada sobre a “curiOUsidade”, como orixe do xornal, e cun artigo sobre o estado de “indigno abandono” da Porta da Aira, única visible das 13 portas medievais que tiña a cidade de Ourense, pero derruida e hoxe sitiada por elementos nada adecuados á sua importancia histórica.

“A publicación sobre eses restos históricos únicos, resume o que quere ser este xornal”, pois, según Sánchez Calviño, na resposta dos lectores se poderá descubrir “se hai unha inquedanza diante de situaciòns así, para que a administración a teña en conta, ou si, pola contra, a inquedanza é só de 3 ou 4 persoas, e ese abandono carece, en realidade, de interese para os veciños da cidade”.

O impulsor do xornal colaborativo quere experimentar con esta publicación, e “tentar descubrir por que aínda hai xente que dí que en Ourense non hai cousas que facer”. Con ConoceOurense tentará comprobar si o que falta é unha adecuada difusón das actividades promovidas na cidade, ou si a xente non vai porque ás veces se superpoñen no mesmo día e hora “ou simplemente hai un desinterés cidadán por este tipo de información, a pesares de que está accesible en todalas redes sociais”, agregou.

Experimento para xenerar “conversación”

Sánchez Calviño coordenará os contidos que cheguen ó xornal, e non quere prever escearios diferentes ó que imaxinou: unha publicaciòn colaborativa na que él e calqueira cidadán pode publicar artigos e imaxes preparados con este fin, ou bloguer@s que queiran ter un segundo espacio para publicalos seus artigos, pois sempre se mencionará a autoría de textos e fotos.

Hai dous meses que a conta de instagram do mesmo nome (con guión baixo entre as dúas palabras) amosa cada día un elemento curioso e visible da cidade, relacionado ca sua historia, coma o nome do fotógrafo Sanjurjo que permanece no chan do portal que ocupaba na rúa Progreso, a enorme estatua Nexus VI inspirada na película Blade Runner, o poste luminoso que Radio Ourense tén na estrada cara Rairo dende os años 60, as “marmitas de xigante” do río Loña (estudiadas nos libros de xeoloxía), obras de artistas coñecidos e, nalgún caso, anónimos, ou detalles mínimos de edificios históricos ca invitación a localizalos, entre outros.

Agora, o xornal ampliará esas pingas de “curiOUsidade”, con explicacións completas sobre espacios públicos dispoñibles, intelectuais e artistas locais que deron pé á denominación de Atenas de Galicia para Ourense, exposicións, convocatorias, libros, referencias …e todo o que pase por diante da cámara fotográfica de Sánchez Calviño….. e de calqueira outro cidadán que faga chegar textos e imaxes “sobre calqueira tema” da cidade e da provincia.

Incluirá unha axenda que fará visible todas as convocatorias publicadas en Vouaxenda, e outras posibilidades facilitadas pola plataforma dixital “opennemas”. Trátase dun soporte creado en 2008 pola empresa ourensá Openhost, que tén entre os seus clientes uns 6000 xornais dixitais de todo o mundo, entre eles varios galegos (según a web da empresa). Técnicos de Openhost axudaron no desenvolvemento inicial de ConoceOurense, que ten como filosofía ser un medio colaborativo sen ánimo de lucro, de acceso libre, e baseado na confianza que Sánchez Calviño ten “na curiosidade e nas gañas de contar historias da xente ca que convivimos”.

Os máis descoñecidos

Entre as fontes de información previstas polo promotor do xornal, están as diferentes facultades do campus universitario nas que se desenvolven proxectos vencellados ca cidade, pero descoñecidos para os que vivimos nela. Igual de descoñecida é toda a información atesourada nas bibliotecas sobre o arquitecto Daniel Vázquez Gulías, que ten un museo virtual con roteiro pola cidade “que non pasou de aí”, espacios como o museo pedagóxico do Instituto de Educación Secundaria Ramón Otero Pedrayo, ou o claustro de San Francisco….todos na lista de “pedentes” para o novo xornal.

Libros, contos, historias, representacións, espacios, estatuas, placas de rúas, restos históricos, actualidade, deporte…..todo terá o seu espacio……e como referente…Valentín Lamas Carvajal, o xornalista cego que fundou en 1876 o primeiro semanario en galego, O Tío Marcos da Portela.

Deixar un comentario