FOTOENTROIDO 2026- sábado 31 de xaneiro
FOTOENTROIDO 2026- sábado 31 de xaneiro
Ubicación del evento:
Aparcamento avda Otero Pedrayo, Ourense, Ourense, httpsmapsappgooglXWRCzjjHdgfdtPA97, Galiza
Descripción del evento
♥ Obradoiro nómada: O REINADO DE TIOIRA DENDE CARGUIZOI (MACEDA) E ARTESÁ DE FELOS “MOURA”♥
Aprende a manexala cámara en diferentes situacións… vente para vivilo Entroido doutro xeito!!!
Clase de fotografía + visitas guiadas en Maceda e contorna
Que inclúe o plan?:
- Encontro de participantes con café ou chocolate el establecemento da zona (incluido no prezo) para repaso básico da cámara e ideas elementais para faguer fotografías ó longo do día.
- 12,00 Visita en Maceda, para coñecer a artesá de “felos” do obradoiro “A Moura”, no que Mercedes López xa axudou a súa nai neste traballo. Alí comezaremos a facer fotos, con seguemento persoalizado
- Xantar (non incluído no prezo) nun restaurante da zona
- 16,15 Imos até a aldea de Caguizoi (Maceda) onde por segundo ano os veciños forman a súa comitiva para levalo Reinado até a aldea veciña de Tioira.
- Visionado e comentario das fotos feitas durante o día por tódolos participantses
- Visita polo exterior do castelo de Maceda, con detalles da súa historia e contorna (actualmente está pechado ó público). Esta visita farase se así o deciden as persoas participantes, según o tempo dispoñible
Prezo: 70 €/persona
Que non inclúe? Transporte (acordaremos compartir vehículo, dentro do posible) e xantar, pendente de reservar antes. O xantar é un bo momento para partillar, conversar sobre experiencias fotográficas e mesmo para resolver dúbidas de uso de cámara, de linguaxe narrativa, de xeitos de mirar…
Onde quedamos e a que hora?: Quedamos na zona do campus para organizar o traslado até Maceda, arredor das 9,30 h. Haberá recordatorio previo para tódol@s participantes
Duración: todo o día
Cando?: sábado 31 de xaneiro de 2026
Organiza: Milhistorias, turismo e fotografía con Rosa Veiga(fotógrafa profesional + guía oficial de turismo)
Contacto e reserva: tlf. 629882391 ecorreo: info@milhistorias.eu
Reserva aquí mesmo, debaixo. Podes escoller xeito de pago
