FOTOENTROIDO 2025- sábado 22 febreiro
FOTOENTROIDO 2025- sábado 22 febreiro
Data do evento:
22/02/2025
Hora do evento:
09:30
Localización do evento:
Castro Escuadro
♥ OBRADOIRO NÓMADE:
felos (Maceda) e artesán de peliqueiros (Laza) ♥
Aprende a manexala cámara en diferentes situacións… vente miralo Entroido doutro xeito!!!
Fotografía + visitas guiadas na serra de Maceda e comarca de Monterrei
Que inclúe o plan?:
Encontro na cidade de Ourense dos participantes para repaso básico da cámara e ideas elementais para faguer fotografías ó longo do día.
Viaxe até a aldea da serra de Maceda na que saen os felos. Alí comezaremos a poñer todo en práctica con seguemento persoalizado durante todo o día
Viaxe até Matamá (Laza) para coñecer o obradoiro dun artesán de peliqueiros herdeiro e continuador do legado do seu bisavó peliqueiro
Xantar pola zona (non incluído no prezo). A idea é acordar un restaurante pola zona e reservar. Recomendacións en Monterrei-Verín: Taberna Sousón no castelo de Monterrei, restaurante Gandainas na praza García Barbón de Verín, entre outros.
Visita na igrexa prerrománica de Mixós
Visionado e comentario das fotos do día
Prezo: 65 €/persona
Que non inclúe? Transporte (acordaremos compartir turismo, dentro do posible) e xantar (podemos acordar facelo xuntos quen queira)
Onde quedamos e a que hora?: Verémonos nun café na zona do campus universitario de Ourense. Ás 9,30 h. Haberá recordatorio para todol@s participantes
Duración: todo o día
Cando?: sábado 22 de febreiro
Organiza: Milhistorias, turismo e fotografía (fotógrafa profesional + guía oficial de turismo)
Contacto e reserva: tlf. 629882391 ecorreo: info@milhistorias.eu
Reserva aquí mesmo, debaixo. Escolle xeito de pago
Preguntas sobre eventos
Traer cámara fotográfica... e moitas gañas de practicar con ela e pasalo ben en lugares e celebracións únicas destas datas
Na que acordemos, galego, castelán...