FOTOENTROIDO 2025- sábado 1 marzo
FOTOENTROIDO 2025- sábado 1 marzo
Data do evento:
01/03/2025
Hora do evento:
09:30
Localización do evento:
Vilariño de Conso
♥ OBRADOIRO NÓMADE: Fulións e boteiros (Vilariño de Conso) e artesán de peliqueiros (Laza) ♥
Aprende a manexala cámara en diferentes situacións… vente para vivilo Entroido doutro xeito!!!
Clase de fotografía + visitas guiadas en Vilariño de Conso e comarca de Monterrei
Que inclúe o plan?:
Encontro de participantes para repaso básico da cámara e ideas elementais para faguer fotografías ó longo do día.
Viaxe até Vilariño de Conso onde se celebra o desfile de fulións e boteiros de tódalas aldeas. Alí comezaremos a poñer todo en práctica con seguemento persoalizado durante todo o día
Xantar no albergue de Vilariño de Conso (non incluído no prezo). O menú inclué primeiro prato, segundo a escoller entre carne e peixe (cocido, cabrito, peixe), sobremesa, bebidas.
Viaxe até Matamá (Laza) para coñecer o obradoiro dun artesán de peliqueiros herdeiro e continuador do legado do seu bisavó peliqueiro
Visita a fonte de auga mineiro-menciñeira de Cabreiroá
Visionado e comentario das fotos do día
Prezo: 65 €/persona
Que non inclúe? Transporte (acordaremos compartir turismo, dentro do posible) e xantar (recomendable o da festa do cabrito) pendente de reservar antes
Onde quedamos e a que hora?: Verémonos nun café na zona do campus universitario de Ourense ás 9,30 h. Haberá recordatorio para tódol@s participantes
Duración: todo o día
Cando?: sábado 1 de marzo
Organiza: Milhistorias, turismo e fotografía (fotógrafa profesional + guía oficial de turismo)
Contacto e reserva: tlf. 629882391 ecorreo: info@milhistorias.eu
Reserva aquí mesmo, debaixo. Podes escoller xeito de pago