Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS VIÑO
Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS VIÑO
Data do evento:
09/08/2024
Hora do evento:
12:15
Localización do evento:
Bodega Gargalo SL
SOMOS VIÑO
Tes pensado vir á comarca de Monterrei neste mes de agosto?
Por se non o sabes, os días 9,10 e 11 celebraráse a 17ª feira do viño Monterrei na alameda de Verín; alí atoparás moitas casetas das adegas da Denominación de Orixe do viño na comarca nas que poderás probar os viños, falar de viño, maridar… e haberá festa para tres días de diversión e enoloxía, que aquí ten como “rei” o godello.
Eu propóñoche completar a túa estadía e coñecer a contorna, con visitas guiadas que che axudarán a descubrir e comprender que, nesta comarca, somos auga, viño, camiño e historia dende hai milleiros de anos.
Para o venres 9 de agosto, visita na adega Gargalo (concello de Verín).
Comezamos ás 12,15 h. (recomendamos a visita ó castelo que comeza ás 11,00 h. a escasos 100 metros. Alí podes gozar durante 1 hora dunha visita con guía oficial do concello de Monterrei, de balde e, ó remate desta, terás tempo para vir á actividade de enoturismo en Gargalo)
Punto de Encontro e Final: entrada da adega Gargalo, na estrada que vai casa o castelo; hai aparcamento dentro para uns cantos coches)
Duración 2 horas
Percorrido: viñedos e instalacións da adega Gargalo
Con quen?: con Rosa Veiga, guía oficial de turismo
Máximo 15 persoas
Prezo: 12 euros/ persoa (consultar para menores de idade)
Organizadores: Milhistorias, turismo e fotografía e Bodega Gargalo
Coa colaboración de Turismo rural O Retiro do Conde (Vilaza), Taberna Sousón (castelo de Monterrei), Restaurante Regueiro da Cova (Verín)
Event FAQs
Por suposto, e o prezo redúcese. Contáctame para concretar.
Hai rampas de acceso cara o viñedo e no espazo de degustación final. A adega ten dúas plantas, a principal é totalmente accesible
Na língua máis comprensible para as persoas que participen, normalmente en castelán, pois previsiblemente haberá participantes de procedencia variada.