Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS MODERNISTAS
Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS MODERNISTAS
Data do evento:
10/08/2024
Hora do evento:
17:00
Localización do evento:
balneario Cabreiroá (Verín)
SOMOS “MODERNISTAS”
Queres virte á comarca de Monterrrei próximamente? Temos planazo para ti.
Por se non o sabes, os días 9,10 e 11 celebraráse a 17ª feira do viño Monterrei na alameda de Verín, con casetas das adegas da Denominación de Orixe do viño na comarca e doutros produtos artesanais. Nelas poderás probar os viños, falar de viño, maridar… e haberá festa para tres días de diversión e enoloxía, que aquí ten como “rei” o godello.
Eu propóñoche completar a túa estadía e coñecer a contorna, con visitas guiadas que che axudarán a descubrir e comprender que, nesta comarca, somos auga, viño, camiño e historia dende hai milleiros de anos.
O sábado 10 de agosto pola tardiña veremos a pegada do estilo “modernista” na vila de Verín e arredores, e lembraremos vida, lugares e protagonistas no cambio de século (entre o XIX e o XX) cando centos de visitantes chegaban en tranvía de cabalos e daban vida ás rúas e prazas que, se poideran falar, contarían centos de historias.
Comezamos ás 17,00 h. (remataremos na alameda de Verín, onde ás 19,00 abrirán as casetas de viños e produtos artesanais da 17ª feira do viño da Denominación de Orixe Monterrei)
Punto de Encontro: aparcamento do balneario de Cabreiroá (podes guiarte polo mapa que está arriba á dereita)
Punto de Remate: praza maior de Verín ( a poucos metros da alameda, onde está a feira)
Duración 2 horas
Percorrido: Instalacións do balneario de Cabreiroá, volta a Verín (aparcaremos nun dos espazos municipais) e percorrido pola zona modernista da vila até rematar na alameda.
Con quen?: Rosa Veiga, guía oficial de turismo
Máximo 20 persoas
Prezo: 15 euros/ persoa (consultar para menores de idade)
Organizadores: Milhistorias, turismo e fotografía
Ca colaboración de: Restaurante O Regueiro da Cova (Verín), Turismo Rural O Retiro do Conde (Vilaza), Taberna Sousón (castelo de Monterrei)