Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS CAMIÑO

Data do evento:

10/08/2024

Hora do evento:

12:00

Localización do evento:

castelo de Monterrei (Monterrei)

SOMOS CAMIÑO

Queres virte á comarca de Monterrrei próximamente?

Por se non o sabes, os días 9,10 e 11 celebraráse a 17ª feira do viño Monterrei na alameda de Verín, con casetas das adegas da Denominación de Orixe do viño na comarca. Nelas poderás probar os viños, falar de viño, maridar… e haberá festa para tres días de diversión e enoloxía, que aquí ten como “rei” o godello.

Eu propóñoche completar a túa estadía e coñecer a contorna, con visitas guiadas que che axudarán a descubrir e comprender que, nesta comarca, somos auga, viño, camiño e historia dende hai milleiros de anos.

O sábado 10 de agosto coñecermos uns metros do Camiño de Santiago chamado Vía da Prata ou Camiño Mozárabe (conta con declaración de Ben de Interese Cultural, como o propio castelo de Monterrei

Comezamos ás  12,15 h. (recomendamos a visita ó castelo que comeza ás 11,00 h. a escasos 100 metros. Alí podes gozar durante 1 hora dunha visita con guía oficial do concello de Monterrei, de balde e, ó remate desta, alí mesmo nos encontraremos para comezar o noso propio camiño até Pazos)

Punto de Encontro:

Punto de Remate:

Duración 2 horas

Percorrido: Uns metros do Camiño de Santiago dende o castelo e seguimos cara Pazos; en total 2 km para os que non se precisa entrenamento.

Con quen?: Rosa Veiga, guía oficial de turismo

Máximo 20 persoas

Prezo: 15 euros/ persoa (consultar para menores de idade)

Organizadores:  Milhistorias, turismo e fotografía

Ca colaboración de: Concello de Monterrei, Turismo Rural O Retiro do conde (Vilaza), Taberna Sousón (castelo de Monterrei), Restaurante O Regueiro da Cova (Verín)

Evento pasado

Event FAQs

En que lingua será a visita guiada?

Habitualmente toda a visita se explica en castelán, pois previsiblemente as persoas participantes virán de diferentes puntos xeográficos e culturais.


Noutros casos podería ser en galego ou mesmo en francés (neste caso con preaviso)

O espazo percorrido é accesible?

Neste caso concreto, hai un tramo de 100 metros de camiño xacobeo é por unha pista rural, con pedras, subidas e baixadas, polo que é complicado desplazarse con cadeira de rodas, muletas ou algunha outra circunstancia que reduza a movilidade. O resto da visita será na vila de Pazos, con rúas asfaltadas ou cementadas.

Localización do evento:

Capacidade: 20 (18 prazas)
Compartir este evento
AO MEU CALENDARIO