Comarca de Monterrei – Especial Feira do Viño 2024: SOMOS AUGA

Data do evento:

09/08/2024

Hora do evento:

16:45

Localización do evento:

plaza Muñoz Calero, Vilaza (Monterrei)

SOMOS AUGA

Tes pensado vir á comarca de Monterrei neste mes de agosto?

Por se non o sabes, os días 9,10 e 11 celebraráse a 17ª feira do viño Monterrei na alameda de Verín; alí atoparás moitas casetas das adegas da Denominación de Orixe do viño na comarca nas que poderás probar os viños, falar de viño, maridar… e haberá festa para tres días de diversión e enoloxía, que aquí ten como “rei” o godello.

Eu propóñoche completar a túa estadía e coñecer a contorna, con visitas guiadas que che axudarán a descubrir e comprender que, nesta comarca, somos auga, viño, camiño e historia dende hai milleiros de anos.

Para o venres 9 de agosto pola tardiña, visita a vila e balneario de Vilaza (concello de Monterrei)

Comezamos ás  16,45 h. (para que poidas chegar a tempo á inauguración da 17º feira do viño Monterrei, prevista na alameda de Verín para as 19,00 h. situada a 5 km)

Punto de Encontro: praza Muñoz Calero de Vilaza; se miras a foto, a plaza está na esquerda, diante dese fermoso “pazo”.

Tamén podes velo e deixarte guiar no mapa de localización aquí arriba, á dereita.

Duración 2 horas

Percorrido: vila e balneario de Vilaza, ca temática do seu pasado (e probable futuro) como vila balnearia

Con quen?: Rosa Veiga, guía oficial de turismo

Máximo 20 persoas

Prezo: 15 euros/ persoa (consultar para menores de idade)

Organizadores:  Milhistorias, turismo e fotografía

Ca colaboración de: Turismo Rural O Retiro do Conde (Vilaza), concello de Monterrei, Taberna Sousón (no castelo de Monterrei)

Evento pasado

Preguntas sobre eventos

A visita é accesible?

O percorrido por Vilaza non ten costas nin escaleiras e está asfaltado. Para ir ó balneario, accedemos co coche a un pequeno aparcamento, e dende alí veremos o vello balneario a poucos metros.


Soe haber charcos, pero está na beira do río e é un lugar para gozar a paisaxe, sen ter que movernos moito.

En que lingua serán as explicacións da visita guiada?

Sempre según a procedencia dos visitantes. Habitualmente a língua é o castelán pois previsiblemente haberá persoas de procedencias moi variadas.

Es necesaria una vestimenta especial?

Para visitar o balneario é recomendable ir con roupa e calzado cómodos e que nos protexan.A vella instalación está en plena natureza, con acceso por unha pista de de terra de uns metros, pode haber charcos, pedras, herbas altas...alomenos non ir con chanclas, sandalias ou semellantes.

Localización do evento:

Capacidade: 20 prazas 20
Compartir este evento
AO MEU CALENDARIO