De Barbadás a Ourense, cen anos amasando empanadas

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios
Noé Seara Dopazo ca sua tía e o seu pai, todos panadeiros

A panaderia San Marcial non ten perda, está na praza que indica o seu nome, con unha gran cristaleira con vistas cara ela, no casco vello de Ourense, e con porta de entrada pola rúa Primavera….pero non sempre foi así, e 100 anos amasando e vendo levedar, dan para moitas historias.

A familia de panadeiros propietaria chegou aí en 1987, procedentes doutro local, sen nome, na rúa Villar onde se coñecía como  “a panadería de Teresa”. Teresa era a avoa de Noé. A panadería familiar competía con outras 3 na mesma rúa Villar, e con outras 4 nas zona da Burga. “Os meus avos vendían pan pero tamén carbón para os braseiros, do mesmo que usaban para o seu forno de pedra”, engade.

Noé Seara Dopazo aínda con conqueriu xuntar todolos datos, pero ten documentada a panadería dos seus bisavós en Sobrado do Bispo (Barbadás) nos anos 30 do século XX. Alí a sua familia non facía pan, senon que alugaba o forno a quen quixera cocelo e cando era a festa veciñal, elaboraban empanadas de carne de vaca.

Empanadas en redes sociais

Até fai ben pouco tempo, Noé traballaba como monitor de exercicio físico pero pensar no futuro levouno a buscar unha actividade profesional diferente.

Estudio enxeñería informática, e a xubilación do seu pai, hai algo máis dun ano, levouno a “pemsar seriamente” en facerse cargo do negocio familiar. “Traballei de rapaz moitas veces axudando no reparto e atendendo o público así que decidínme a darlle unha volta se seguir eu”, detalla.

Como cidadán da sociedade máis tecnolóxica da historia, as suas primeiras ideas foron dar visibilidade ó negocio familiar así que cambiou logotipo, actualizou tarxetas, proxectou o repintado das persianas con un grafiti baseado en fotos do seu avó Alejandro e comezou a fotografiar todo o que sae do forno para exhibilo en redes sociais. En instagram, (co nome panaderia_san_marcial) pódense saborear cos ollos as empanadas de carne, zamburiñas, polo, zorza, bacallao, bonito, congrio, xoubas….

“Facíamos doces con receta da miña avoa, como brazos, bicas e outros, logo pasamos a facelo só por encargo, pero finalmente deixámolos porque a sua venta estancouse e comenzou a haber máis interese polas empanadas”, lembra para explicar o proceso de proba/erro que comezou a implantar para mellorala redabilidade.

Os doces deixaron de ser o encargo tradicional para as festas, “e cada vez se come menos pan, ó parecer”, engade Noé, así que a decisión foi centrarse na elaboración de empanadas, ademáis de empanadillas e pan diario.

As empanadas en instagram vense con aspecto apetitoso, pero nada mellos que gozalas con cinco sentidos na propia panadería, donde tamén fan masa e cocen na mañá para os recheos  ou “farsa” que levan os clientes.

Deixa unha resposta