David Vázquez é cámara de televisión e en 2011, cando traballaba na televisión local de Chantada, cadrou co remate da concesión de 50 anos que se lle dera a Gas Natural-Fenosa, para beneficiarse do encoro de Belesar.
“Para poder renovar esa concesión, a empresa tiña que facer obras e instalar unha nova turbina, pero para elo tivo que baleirar casi totalmente o encoro, e o vello Portomarín quedou á vista de todos”, explicou durante as xornadas “Cando Mario coñeceu a Clío”, celebradas na facultade de Historia no campus de Ourense, organizadas por la delegación de alumnos e o colectivo “El 8º Historiador”.
Alí detallou que a presa construida en 1963 afectou a 24 pobos dos concellos de Chantada e O Saviñao, dende Porto a Portomarín. No momento da baixada da auga en 2011, o seu equipo televisivo preguntou a Fenosa cando voltaría subir “e decían que non sabían”, asegurou. Asíque puxéronse a gravar “e despois de recoller 200 horas de imaxes e testemuñas, elaboramos o guión e fixemos a montaxe de Asolagados, algo inusual, pois o máis habitual é partir do guión”.
“Xa non existe o río”
A montaxe de Asolagados rematou nun documental de 1 hora e 20 minutos, pero con material suficiente “para varias montaxes diferentes”. O máis difícil para o equipo dirixido por Vázquez, foi convencer ós veciños que tiveran que deixalas súas casas, para que voltasen a elas e contasen alí as suás lembranzas, 50 anos despois, porque todos superaban xa os 80 anos.
“Foi unha rodaxe moi emotiva e entre protagonistas e equipo técnico creouse un vencello permanente, e todos choramos xuntos cando se estrou o documental o 14 de agosto de 2013 en Chantada”, lembrou o director. A cinta reúne lembranzas de Eduardo, Antonio, Luisa, Segundo, Aurora, Machina, José Ramón, Fernando, Fidelina e Evangelina…todos recibiran o que lles correspondía como propietarios de “terras de secano”, según a clasificación que fixo o técnico responsable, para que a empresa lle saíran máis baratas, según contaron eles mesmos ó equipo de gravación.
Das testemuñas recollidas, Vázquez sinalou as que falaban do día en que a presa pechou e o río comezou a subir. Contaban os veciños que aquel día comentaron: “Xa non existe río”, pois deixaron de escoitar o son da auga correndo.
A comarca afectada, antes do encoro, obtiña do río Miño “máis pesca que a que chegaba ó porto de Vigo”, con moitas troitas, ameixas, anguías etc. Naquela época, na festa de San Froilán “non se preparaba pulpo, senón anguías. O pulpo chegou a festa patronal despois do encoro”, agregou.
Vázquez engadíu que para as expropiacións na presa de Belesar, non houbo resistencia, a diferencia do ocurrido ca de Lindoso, no sur da provincia de Ourense, onde tivo que intervir a Garda Civil, e que él coñeceu cando os pobos asolagados quedaron á vista en 2012, nos concellos ourensáns de Lobios e Entrimo.
E trinta anos despois…Lindoso
En 1992 quedou rematado o encoro resultante do acordo asinado 40 anos atrás entre Salazar (Portugal) e Franco (España) para a construcción dun encoro no pobo portugués de Lindoso, que extendeu os seus efectos polos concellos do sur ourensán de Lobios e Entrimo.
O documental “Os días afogados” dirixido por César Souto e Luis Avilés en 2015, recolle imáxenes gravadas polos propios veciños da zona afectada dende os anos 60.
Se trata de gravacións arredor da vida cotiá dos pobos de Buscalque, O Bao, A Reloeira, Lantemil e Aceredo, cun total de 250 veciños, con propiedades que lle foron mercadas por intermediarios que logo llas venderon a empresa lusa Eléctrica De Portugal (EDP) para a construcción da presa que produce máis electricidade de todo o país veciño.
A diferencia dos veciños afectados pola construcción en Belesar 30 anos antes, os da presa de Lindoso comezaron o 15 de agosto de 1991 protagonizaron numerosas protestas na cidade de Ourense, e tamén na fronteira da Magdalena, nos núcleos de Lobios e Entrimo, e no propio río Limia. Naquel ano e nos primeiros meses de 1992 se sucederon manifestacións, un peche na iglesia de Aceredo, unha folga de fame e peche no concello de Lobios, e concentracións contrarias ó “levantamento de actas previas” rematadas con carga policial, da que quedou a frase “trouxeron porras contra vellos”, como resumo do ocurrido.
O documental de Souto e Avilés inclúe as imaxes gravadas polo veciño de Aceredo, Francisco Villalonga, que permiten coñecer a todolos que vivían alí, incluidas as cabras, a vaca Juana e as pitas.
Como no caso de Portomarín, tamén Aceredo voltou á vista de todos nun momento de baixada das augas, no ano 2012.
Tres anos despois quedou montado “Os días afogados”que colleitou premios como o Mestre Mateo 2016 (mejor documental) e foi proxetado nos festivais Play-Doc, Cineuropa, Alcances, Ourense, Toulouse.
Fotografías da zona ourensá afectada pola presa construída en Lindoso (Portugal), que amosan feitos ocurridos entre finais de 1991 e comezos de 1992, incluido o traslado da iglesia de Aceredo, cas pedras numeradas, á un novo lugar situado a poucos kilómetros do oriinal, tal como ocurrira tamén ca lucense de Portomarín.
____________________________________________________________________________________________
***Empezamos con ésta, unha categoría de “Historias gravadas” con documentais baseados en feitos ocurridos e en narracións de persoas que falan do seu xeito de vida, oficios, intervención en feitos históricos etc. Falaremos tamén dos autores, os profesionais do audiovisual que rexistran, elaboran e montan eses feixes de historias vividas por outros.Se coñeces algún destes documentos audiovisuais, cóntanolo nun comentario ou vía e-correo, e faremos del unha historia para o blogue.