Arqueólogos galegos e lusos desenterran en O Cambedo a memoria do bombardeo de 1946

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

 

O bombardeo de decembro de 1946 sobre a aldea portuguesa do Cambedo quedou agochada oficialmente, e na cabeza dos seus habitantes, até finais do século XX, e foi a casualidade a que sacou á luz o ocorrido… antes de que morreran as derradeiras testemuñas.

Esta microhistoria dunha batalla en tempos de paz, foi recuperada nos anos 80 polo comentario casual dunha veciña da aldea á investigadora Paula Godinho…que soubo que aquela muller estivera presa en Porto, e alí lle morreu unha filla…e dos motivos de estar presa…saiu o que xa se conta en varios libros e blogues, e un documental.

Agora, neste lugar de menos de 20 veciños, un equipo de arqueólogos de Galicia, Portugal e Brasil, pon en marcha un proxecto arqueolóxico que, durante unha semana, excavará e desenterrará calqueira evidencia daquel bombardeo con canóns de morteiro, que lanzou 70 bombas sobre a aldea, a maior parte delas sobre unha vivenda familiar na que vivían dous fuxidos do conflicto bélico que rematara no país veciño (España) sete anos antes.

O director do proxeto é Rui Gomes Coelho, profesor de historia da arte na estadounidense Rutgers University, e leva anos adicado a un tipo de arqueoloxía desenvolta nos país saxóns, pero con pouco percorrido aínda na península Ibérica. O seu é a arqueoloxía contemporánea, recente, a que fai compartir tempo ás testemuñas vivas cos achádegos soterrados…como ocorre no Cambedo.

Os feitos… na memoria

“Temos testemuñas dos que viviron aquela barbarie, están con nós durante os traballos, e queremos contrastalos cas evidencias que quedan na casa que foi o foco do bombardeo desde un outeiro perto da aldea”, relata Gomes.

As testemuñas que aínda viven tiñan menos de 12 anos en 1946, e os seus relatos varían en detalles. Manuel, Albertina, Julia e Carlos López,.Licinio…contan, con variacións incluso nas datas, que entre a madrugada do 19 e a do 22 de decembro de 1946, chegaron axentes da GNR (Garda Nacional Republicana de Portugal) e da Garda Fiscal, na procura dos guerrilleiros Juan García e Demetrio que vivían no Cambedo, na casa familiar do segundo deles.

“Os fuxidos refuxiáronse na palleira e escoitaron que os axentes pensaban prenderlle lume así que saíron dando tiros, e ún dos gardas quedou morto, no patio posterior da casa. Horas despois comezou o bombardeo dende un outeiro e a planta superior da casa ardeu e colapsou sobre a corte dos animais, que estaba na planta baixa”, según o relato do arqueólogo, no espazo ocupado outrora pola vivenda atacada.

O guerrilleiro chamado Juan refuxiouse nun lagar de pedra e alí suicidouse, mentres Demetrio logrou fuxir do ataque, aínda que se entregou pouco despois. “Foi preso durante 25 anos e cando rematou a condea, fuxiu a Francia”, van narrando os veciños congregados arredor dos traballos arqueolóxicos recén comezados. Habia un terceiro home que procuraban os axentes “pero que ninguén vira nunca no pobo”, asegurou Manuel.

Días despois, en plena época navideña, os veciños foron trasladados ó Porto para ser interrogados, e alí permaneceron semanas. “O bombardeo saldouse con dous mortos, algunha veciña ferida por metralla nunha perna e, sobre todo, ca ruptura traumática da vida do Cambedo, porque os veciños xa non poideron retomar a sementeira, a seitura, o cuidado dos animais…nin calqueira outra tarefa cotiá en época de paz, porque eles aquí tiveron unha batalla, por máis que o goberno portugués de Salazar fachendeou de libralo país dos conflictos bélicos”, relata Rui.

Arqueoloxía da resistencia antifranquista…en cueiros

Os traballos arqueolóxicos no Cambedo, aínda novedosos en temática e metodoloxía en Portugal e Galiza, contan durante toda a semana cun equipo formado polo codirector Xurxo Ayán , Marcia Hattori de Brasil, Carlos Otero y Rodrigo Paulos que se identifica como medio portugués “medio de Guadalajara”. Todos eles con experiencia en arqueoloxía recente, impulsada na península Ibérica por Alfredo González Ruibal do CSIC.

Con Alfredo traballaron na primeira excavación deste tipo desenvolta na Cidade Universitaria de Madrid en 2010, e dende entón en proxectos por todala península, alí onde houbo frentes de guerra, trincheiras ou campos de concentración, como os da batalla do Ebro ou o campo de Belchite.

Según explicou Xurxo, toda a zona na que se encadra O Cambedo é rica en elementos ” das diferentes etapas da historia con maiúscula, pois foi habitada dende a Edade do Ferro, no castro de Wamba, e conta con lendas e restos medievais, construcción da aldea con canteiría de granito de gran calidade e esta historia xa coñecida do bombardeo en plena posguerra, además das suas secuelas”.

“Eiquí se puso en práctica un acordo de gobernos ibéricos para reconstruir a legalidade da fronteira e escarmentar de xeito exemplar a calqueira posible infractor” o que consolidou o Acuerdo de Límites de 1926 , “e rematou definitivamente ca vida en común das persoas de ambolos dous países”, asegura Rui. Lembrou que non había guerra civil, pero o goberno de Franco mantiña “a persecución de calqueira posible resistente, polo que había grupos paramilitares que andaban na sua procura na zona trasmontana lusa”.

“Memoria dunha ética solidaria real…na actual crise de valores de Europa”

Os traballos iniciados xa supoñen a recuperación dunha memoria que a punto estivo que quedar soterrada e “sobre todo, a posta en valor dunha ética da solidaridade social que foi a que deu arroupo e fixo posible que persoas perseguidas por formar parte de guerrillas, tuvesen un lugar onde vivir, totalmente integrados no ámbito familiar e nos grupos de contrabandistas que facían posible a supervivencia nesta zona de raia”, engadiu Gomes.

O equipo concorda na trascendencia deste tipo de estudos, diante da “actual crise de valores de Europa, fronte ós emigrantes e fuxidos doutros países “, según Gomes. Unha “ética da solidaridade e da hospitalidade é necesaria, e posible, como se demostra na historia de lugares como O Cambedo”.

Esta solidaridade comunitaria arredor da resistencia antifranquista é un dos argumentos que vencella tres proxetos de arqueoloxía da guerrilla posfranquista, desenvoltos en común por Rui Gomes, Xurxo Ayán e os seus equipos. E os tres podrán coñecerse conxuntamente nunha exposición que se prepara en Lisboa con imaxes e documentación da excavación do Cambedo, doutra desenvolta na aldea de Repil (concello de Pobra de Brollón en Lugo) e do que se completará na Cidade da Selva , nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras en Ourense).

E comezaron os achádegos!!

Durante o primeiro día dos traballos na aldea lusa, o detector de metais manexado por Carlos e Marcia descubriu, no patio posterior da casa bombardeada, unha placa identificatica dos axentes da GNR gardada xa para o seu estudo. E o detector non parará de rastrexar ese patio até que que descubra calqueira resto de metralla….entre ducias de restos de….papel de aluminio de uso doméstico.

Pola sua banda, o equipo escavador do espazo ocupado pola vivenda antes do ataque, a poucos metros, xa atopou anacos dun prato da vaixela doméstica, tapas de recipentes e cachos de cacharros de cociña… ademáis de todalas tellas caídas sobre os restos ardidos da estructura da casa. O primeiro día xa rematou con alegrías para os arqueólogos.

 

Deixa unha resposta